Nova sede de Atlantic IT en A Coruña

Comprácenos moito anunciar que a partir do próximo mes de Xuño, Atlantic estrea despacho no viveiro de empresas da Universidade da Coruña. No edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña).

Isto permitiranos ampliar os nosos horizontes, dispoñer dun lugar físico onde poder reunirnos cos nosos clientes da zona norte da comunidade e xerar novas oportunidades e sinerxias.

Ademais estar preto dunha fonte de talento como é a UDC daranos un plus de motivación para poder seguir avanzando e crecendo como empresa.

Gustaríanos dar as grazas á OTRI da Universidade da Coruña por confiar en nós e no noso proxecto. Na páxina de contacto de Atlantic poderás consultar a dirección do noso novo despacho.

Esperámosvos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *