A peritaxe informática nas causas xudiciais.

A peritaxe informática converteuse nunha tarefa crave nos procesos xudiciais actuais e é por iso polo que no artigo de hoxe queremos
falar sobre a figura do perito informático.

Peritaje informático

¿Qué fai un perito informático?

Pois trata-se dun especialista que traballa sobre probas de carácter tecnolóxico. Ademais, debe ser un enxeñeiro en informática colexiado. O perito informático conta con amplos coñecementos sobre linguaxes e sistemas.

A peritaxe informática é unha disciplina cuxo obxecto é extraer datos aloxados en dispositivos dixitais (e verificar a autenticidade e
integridade destes)/destes). Ademais ha de asesorar ao xuíz en materia tecnolóxica. Pódese solicitar unha peritaxe en caso de evidencias aloxadas na rede ou en dispositivos físicos (tales como discos ríxidos ou memorias externas).

No caso de que as partes dun xuízo presenten probas dixitais, o xuíz verase obrigado a solicitar unha peritaxe informática. O
experto será quen determine si estas evidencias foron manipuladas ou pola contra poden darse como válidas.

Etapas da peritaxe.

A peritaxe ten tres etapas dentro dun proceso legal. A primeira consiste en que o perito informático realice unha auditoría sobre a
situación. Debe presentar un breve informe que debe xustificar si considera que a súa intervención é necesaria na causa. Ademais ten que indicar cales deben ser os aspectos a analizar.

 A segunda etapa é a recepción e análise da proba. Neste paso, o experto realiza unha adquisición forense da proba e analiza todos os
elementos probatorios. O que trata de atopar son pistas que indiquen algún tipo de manipulación, aplicando técnicas propias da súa disciplina.

 A terceira etapa é a elaboración dun informe detallado sobre as evidencias analizadas. Este documento debe redactarse cunha linguaxe comprensible, evitando o uso de tecnicismos. En certos casos, o xuíz pode citar ao perito ao estrado (para que as partes que comparecen no procedemento realicen preguntas adicionais que complementen o seu informe).

 Por último, cabe destacar que o perito non emite ningún tipo de xuízo de valor sobre o caso. Tampouco realiza unha análise xurídica da proba. O perito informático desempeña un rol técnico e limítase a avaliar os aspectos tecnolóxicos. As cuestións legais serán resoltas posteriormente polo xuíz mediante unha análise integral do caso.

Procedementos comúns

Entre as causas máis comúns temos a violación de datos ou a interceptación ilegal de comunicacións, entre outras. Tamén é indispensable en casos de espionaxe, vulneración da seguridade nacional, etc.

 Ademais, é solicitado en calquera tipo de causa que involucre elementos probatorios vinculados coas nuevo tecnoloxías (por exemplo, o envío ou recepción de mensaxes de WhatsApp, email, SMS, etc.). Hoxe en día a maioría dos avogados presentan mensaxes, audio, fotos ou video como proba nos casos. Por tanto, está presente en case a totalidade dos xuízos.

 Un dos servizos máis demandados de Atlantic é precisamente o da peritaxe informática. Isto débese a que contamos entre nós cun perito informático colexiado: o noso socio e director Sergio Cores Acha. É por iso, que si necesitas contratar o servizo de peritaxe informática, nós estaremos aquí para axudarche. Ponte en contacto connosco e escoitaremos o teu caso.

Icons made by https://www.flaticon.com/authors/turkkub from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *