Atlantic

E-Commerce

En Atlantic sabemos o importante que é a presencia na rede e queremos axudarte a impulsar o teu negocio na mesma. Utilizando as ferramentas máis actuais podemos crear para ti o que necesites; dende una páxina corporativa ata unha tenda online onde vender os teus productos.

Sabemos que o mundo do e-commerce (comercio electrónico) pode resultar complexo. Confía en nos. Coa nosa experiencia e os sistemas de xestión online actuais podemos facer o teu soño realidade.

WordPress é un sistema de xestión de contidos que nos axudará na creación do seu sitio web. Se o que queres é un sitio web corporativo co que dar a coñecer a túa marca, un sitio web informativo ou quizais educativo, con WordPress acadaremos resultados incribles.

Ademais, WordPress vén integrado cun blog configurable onde podes publicar as túas novas ou entradas persoais que podes compartir de forma dinámica cos visitantes do teu sitio web, podendo xestionar quen pode ou non deixar comentarios, puntuacións, etc.

Con WordPress crearemos o teu sitio web dende cero ou melloraremos un existente se xa o tes. Temos centos de temas personalizables para dar vida ás túas ideas.

WooCommerce é un complemento de comercio electrónico desenvolvido para WordPress . Está deseñado para tendas en liña pequenas e grandes creadas en WordPress . A gran vantaxe que ofrece WooCommerce é a súa sinxeleza á hora de instalalo e personalizar os produtos da tenda.

PrestaShop é un sistema de xestión de contidos creado para crear tendas en liña de comercio electrónico dende cero. Semellante a WooCommerce, céntrase en crear tendas en liña tanto para pequenas empresas como para grandes corporacións.

A túa tenda Prestashop será altamente personalizable grazas aos seus miles de temas e á gran comunidade de usuarios que non para de crear módulos de todo tipo, gratuítos e de pago, o que fai que case todo sexa posible.