Atlantic

Solucións

1200px-galician_vineyard_with_wide_vine_spacing

Wines.gal

A nosa solución para as adegas galegas que buscan dar a coñecer a calidade do viño galego.

2014_3_27_19038s740x

Xesfor

Proxecto de axuda á xestión de parcelas forestais de Galicia.

viveiros-naturais-do-agrupamento-de-parques-de-carril

Kraken

Proxecto que axuda á administración pública a cambiar de propiedade de viveiros e bateas.

markus-spiske-xH8_bSnpH5Q-unsplash.jpg

Xeito.gal

Varius vel pharetra vel turpis. Velit dignissim sodales ut eu sem. Adipiscing commodo.

Atlantic

Wines.gal

Trátase dunha iniciativa aberta a todas as adegas pertencentes ás cinco denominacións de orixe de viño de Galicia, e pretende funcionar como un medio complementario aos xa existentes para mellorar o coñecemento dos viños galegos en países obxectivo da Unión Europea e abrir novas vías de comercialización.

O proxecto WINES.GAL persegue os seguintes obxectivos:

Poñer en valor a calidade e as calidades dos viños elaborados por todas as adegas pertencentes ás denominacións de orixe de Galicia.

Fomentar o coñecemento das variedades, denominacións de orixe e marcas comerciais de viños de Galicia en diversos mercados obxectivo da Unión Europea, en concreto, inicialmente: Holanda, Alemaña, Dinamarca, Austria, Irlanda e Bélxica.

A realización de campañas publicitarias en plataformas dixitais como Google Adwords e Facebook Ads, sendo algunhas destas campañas xenéricas da plataforma e outras específicas para cada adega e/ou para cada viño dado de alta na plataforma.

Poñer en funcionamento, a partir de 2019, un sistema de venda directa das adegas ao consumidor final internacional, que se beneficiaría dunhas condicións vantaxosas en canto a gastos de envío. A participación neste sistema será opcional, se a adega considera oportuno para o seu modelo de negocio abrir esta canle de comercialización directa.

Ofrecer, a partir de 2019, ás adegas dadas de alta na plataforma, a posibilidade de xestionar a súa venda directa a través de Amazon. Esta xestión será opcional para aquelas adegas que o consideren oportuno e que non estean a realizar xa esta venda por medios propios.

Anualmente, desde o equipo de WINES. GAL remitirase ás adegas un informe expoñendo os datos cuantitativos máis relevantes da plataforma, co obxectivo de que desde a adega valórese o impacto e proxección alcanzados grazas á súa participación neste proxecto.

O proxecto atópase publicado no enderezo:
www.wines.gal

Atlantic

Xesfor

O minifundio que predomina na parte privada do monte galego impide unha xestión forestal racional, pois o tamaño medio das parcelas rolda os 2.700 metros. É unha dimensión escasa que dificulta os traballos silvícolas e que reduce a rendibilidade dos aproveitamentos.

Desde fai máis dunha década, a Xunta esfórzase por promover agrupacións de propietarios para a xestión conxunta das súas parcelas, pero con máis pena que gloria. O Plan Forestal de Galicia, insiste na mesma liña. Nos seis anos que leva en vixencia o modelo das sociedades de fomento forestal (Sofor), creáronse en Galicia un total de 11, que agrupan en conxunto algo máis de 1.800 hectáreas, o 0,1% da propiedade forestal privada de Galicia.

O proxecto XESFOR pretende axudar na xestión administrativa interna deste tipo de sociedades, simplificando tarefas como a trazabilidade da propiedade das parcelas, o cálculo da cota de participación de cada socio e os repartos de beneficios das talas.

Neste momento dispoñemos dun prototipo (versión alfa) da aplicación, ao que se pode acceder premendo no seguinte enlace:

Acceder a XESFOR

Tanto o usuario como o contrasinal para acceder son “xesfor”.

Atlantic

Kraken

Os viveiros de cultivo de Ameixa de Carril son, xunto coas bateas que abundan na paisaxe das Rías Baixas, dúas figuras administrativamente singulares. Os usos e costumes nas rías baixas tenden a tratar estes bens coma calquera outro ben privativo, é dicir, fanse transmisións dos mesmos tanto onerosas coma por medio de testamentos e doazóns.

Sen embargo, a Xunta de Galicia, tende a considerar estes bens coma concesións administrativas finitas no tempo e non libremente transmisibles.

Neste escenario de excepcionalidade xurídica, a aplicación plantexada KRAKEN pretende servirlle á administración pública encargada da regulación destas figuras como ferramenta para rexistrar informaticamente os cambios de titularidade nas concesións e manter a trazabilidade dos mesmos ao longo do tempo, contemplando todas as casuísticas posibles nestas particulares explotacións marisqueiras tan típicas da costa galega.

Servizos

Atlantic

Consulta tamén os nosos outros servizos